
Trátase de reforzar a seguridade xurídica e ofrecer un máis cómodo e eficiente servizo aos contribuíntes
O grupo de Goberno elevará ao Pleno ordinario que se celebrará o xoves da semana que vén a proposta de aprobación inicial dunha nova ordenanza fiscal xeral de xestión, inspección e recadación dos tributos e outros ingresos de dereito público local.
Esta iniciativa, que será sometida o luns a ditame da Comisión Informativa Permanente de Asuntos Económicos, Facenda e Especial de Contas, pretende dotar ao Concello dun marco normativo máis claro e eficiente en materia tributaria.
A nova normativa sería beneficiosa tanto para a administración, porque simplificaría determinados trámites e unificaría normativas (domicilio fiscal, réxime de notificacións, certificados, beneficios fiscais, etc.), como para os cidadáns, xa que se regularían aspectos como novos medios de pagamento máis acordes á realidade actual e establecería opcións de aprazamentos e fraccionamentos nos abonos actualmente inexistentes.
En definitiva, trátase de modernizar a xestión tributaria municipal, reforzar a seguridade xurídica e ofrecer un servizo mellor e máis cómodo para os contribuíntes, favorecéndolles o cumprimento voluntario das obrigas tributarias.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.