Saturday 22 de March de 2025

Paderne celebra a Festa do Maior o sábado 29 de marzo


 Á misa e ao pleno de recoñecemento continuaralle unha comida con música en directo no restaurante Maklkan Club de Oleiros

 O Concello pon a disposición da veciñanza transporte en autobús

Como cada ano, o Concello de Paderne celebra a Festa do Maior, que neste 2025 terá lugar o sábado 29 de marzo.

O día arrincará ás 12 horas, cunha misa na Igrexa de Paderne. Posteriormente, ás 13 horas, na Casa do Concello, levarase a cabo un pleno de recoñecemento ao maior de cada parroquia.
Ademais, hai programada unha comida no restaurante Maklkan Club (Oleiros) onde haberá música en directo.

Para facilitar os desprazamentos, o Concello pon a disposición un servizo de autobús, que pasará por todas as parroquias para recoller ás persoas que así o soliciten.
O Día do Maior está destinado a poñer en valor o papel das persoas de 65 ou máis anos. Para acudir á comida e solicitar o servizo de autobús, é preciso anotarse chamando ao Concello (981 79 70 01) ou inscribirse de xeito presencial na Casa Consistorial. O prezo total é de 15 euros e o prazo remata este luns, 24 de marzo.
“Temos en consideración ás nosas persoas maiores todos os días e así o demostramos con servizos de todo tipo. Pero aínda así, non está de máis ter este tipo de xestos simbólicos coa nosa veciñanza para realzar a súa transcendencia na nosa realidade municipal”, apuntou o alcalde, Sergio Platas.

Deja un comentario