
Atendendo as demandas dos veciños e veciñas da urbanización O Vieiro, o Concello está a proceder ás obras para establecer o sentido único de circulación nas rúas Estorniño, Picafollas e Perdiz. Desta maneira ganaranse máis aparcamentos e procederase a ampliar tamén os espazos peonís para unha mellor seguridade viaria.
Está previsto que estes cambios de circulación entren en vigor a próxima semana, se as condicións climatolóxicas así o permiten.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.