
O Concello de Oleiros contratará 44 novos traballadores e traballadoras para o servizo de salvamento e socorrismo. Cubriranse 30 prazas de socorristas, 6 de patróns/as de embarcacións, 6 de persoal sanitario, unha de supervisor/a e unha de xefe/a de equipo.
O prazo de presentación de solicitudes para aspirar a estas prazas de salvamento e socorrismo estará aberto desde hoxe 21 de marzo ata o 3 de abril. É posible atopar as bases das convocatorias e toda a información na área de recursos humanos da web municipal.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.