
A alcaldesa da Coruña participou na apertura do evento, que busca transmitir valores de superación e compromiso ás novas xeracións
A Coruña acolle hoxe unha nova edición do congreso “Lo Que De Verdad Importa”, organizado pola Fundación María José Jove, consolidado como foro anual de reflexión e inspiración para perdoas mozas.
A alcaldesa, Inés Rey, interviu na apertura do evento e reivindicou o papel fundamental da mocidade na transformación da sociedade: “Non sodes a xeración perdida, nin a xeración de cristal. Ao contrario, sodes a xeración do cambio e encontros como este demostran que hai talento, compromiso e ganas de transformar o mundo” sinalou.
Nesta edición, “Lo Que de Verdad Importa” reuniu na Coruña tres testemuñas de superación: Eva Moral, deportista paralímpica; Fabiola Martínez, presidenta da Fundación Kike Osborne; e Antonio Espinosa, CEO de AUARA. Rey destacou que o cambio non comeza nas institucións, nin nos gobernos, nin nos discursos senón en como decidimos actuar cada día e na forma en que escollemos mirar ao outro”.
Nese sentido, reiterou o compromiso da cidade coa mocidade: “A Coruña é unha cidade que cre en vós. Que escoita, que acompaña e que quere que cada un de vós teña a oportunidade de construír o camiño que desexa.”
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.