
Decenas de veciños e veciñas participaron no acto de presentación do programa municipal Ven e Descubre, que ofrece para este ano 2025 un total de 1.395 prazas para excursións e rutas de sendeirismo para veciños e veciñas maiores de 65 anos. Haberá 17 saídas de excursionismo, 12 de sendeirismo e 2 de fin de semana completo.
O excursionismo consistirá en itinerarios culturais con visitas guiadas en grupo durante os meses de maio, xuño, xullo e setembro a Pontevedra, Ribadeo e Ferrol. En canto ás rutas de sendeirismo ofértanse itinerarios polas illas Ons, O Rosal e Baroña.
No acto tamén se entregaron os premios do VII concurso de fotografía “María José Cayado”, no que puideron participar as persoas que formaron parte do programa do pasado ano. Na categoría de sendeirismo o primeiro premio foi para Sofía García con Chegando a Malpica. Na categoría de excursionismo o primeiro premio foi para Begoña Casado por Escaparate aberto ás tradicións. Concedéronse tamén dous accésits a Lino Rozas por Vimianzo e a Teresa Ferreiro por Ceo, auga e natureza.
A inscrición tanto a excursionismo como sendeirismo poderán realizarse telematicamente ou telefonicamente. No caso do teléfono será, como sempre, por localidades; desde o vindeiro luns 24 de marzo, chamando ao teléfono 981 610 000 de 16:00 a 20:00 horas. Para sendeirismo o prazo abrirase en abril.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.