Saturday 22 de March de 2025

O Concello organiza un novo obradoiro de auto coñecemento feminino, nesta ocasión a través do solo pelviano


Está aberto o prazo de inscrición para participar nun novo obradoiro de auto coñecemento feminino, nesta ocasión a través do solo pelviano. Esta actividade do programa municipal Coñecerse é vivirse será o 5 de abril e estará impartida pola fisioterapeuta especialista Candela Carregal.

A través deste obradoiro desenvolveranse ferramentas e coñecementos dirixidos a fomentar un estilo de vida positivo e saudable, dándose a coñecer aspectos básicos para o coidado do solo pelviano, así como pautas para previr e tratar as distintas patoloxías ou disfuncións que se poidan dar. Ademais, buscarase dar resposta ás inquietudes das participantes, reflexionando sobre as súas vivencias, e ofrecendo información que sirva como base para a toma de decisións desde a autonomía e o coñecemento.

O obradoiro terá lugar o sábado 5 de abril en horario de 10:00 a 14:00h, no Salón de Actos do Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo (Rúa Regos 24, Urbanización Os Regos).O número de prazas é limitado e, para participar, é necesaria inscrición a través da páxina web do Concello, no apartado Participa, na categoría de Actividades Sociais.

Coñecerse é vivirse é un programa no que se desenvolven distintas actividades dirixidas a mulleres, e que ten como finalidade aumentar o auto coñecemento arredor do propio corpo. En anteriores edicións do Coñecerse é vivirse, traballouse arredor da menopausa, a sexualidade…

Para obter máis información é posible chamar ao 981 610 000 – extensión 3503 ou enviar un correo a igualdade@oleiros.org.

Deja un comentario