
Os bombeiros do parque Provincial de Arzúa foron alertados na xornada de onte, 20 de marzo, pola caída dunha árbore na estrada que vai cara á aldea de Samil, no concello do Pino, e que impedía a circulación dos vehículos.
Os bombeiros provinciais encargáronse de cortar a árbore e retirar as pólas da vía para que quedara completamente liberada para a circulación.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.