Saturday 22 de March de 2025

O BNG reivindica en Ribeira o legado de Castelao como símbolo do nacionalismo galego


O Bloque Nacionalista Galego (BNG) celebrou un acto no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira​ baixo o lema ‘Castelao, Nacionalista Galego’, ​d​entro do programa de actos que está a desenvolver ao longo do país para conmemorar o 75º aniversario do seu pasamento. O acto serviu para reivindicar a vixencia do ​legado de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e contou coa intervención do alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, e da escritora Marta Dacosta, que puxeron en valor a figura de Castelao como referente imprescindible do nacionalismo galego.

​Durante a súa intervención, Pérez Barral denunciou a falta de compromiso do goberno galego coa defensa dos intereses de Galiza. “Castelao ensinounos que unha nación que non goberna para si mesma sempre será subalterna. Por iso, o BNG segue a traballar con firmeza por unha Galiza dona do seu futuro​”, sinalou.

O rexedor subliñou que o pensamento de Castelao segue sendo unha guía para a acción política do BNG, que continúa a traballar por unha Galiza libre, xusta e soberana.​ “Vivimos nun país rico e con recursos por iso imos seguir traballando arreo, escoitando e falando co pobo galego , para sumar máis voces e máis forzas para que, nun futuro moi próximo, teñamos ​á fronte da Xunta un goberno liderado por persoas que crean de verdade na potencialidade deste país​. Por persoas honestas, que defendan Galiza por riba de todo, que poñan os intereses do pobo galego por diante de ​t​odo​” sinalou.

Pola súa banda, Marta Dacosta puxo o acento na dimensión cultural e social de Castelao, lembrando a súa defensa inquebrantable da lingua galega e dos dereitos do pobo galego. “Se hoxe puidese ver a nosa realidade, seguiría a denunciar a discriminación ​que sofre o galego ou como defendería a riqueza natural do país”, afirmou.​ Con respecto ao ámbito social a escritora destacou a relevancia do traballo de Castelao para darlle voz aos máis febles tendo sempre presente aos cegos, aos nenos e nenas, ás mulleres.

O evento concluíu ​reforzando a idea de que “​o mellor xeito de honrar a Castelao non é só lembrándoo, senón seguindo a súa loita con determinación”​.

Deja un comentario