Friday 21 de March de 2025

A música tradicional anegará a Pobra do Caramiñal na VII Edición do Pasabares


 

O Concello da Pobra do Caramiñal ven de presentar, en conxunto coa Comisión de Festas de Carme do Castelo, a VII Edición do Pasabares, que terá lugar o vindeiro Sábado 29 de marzo.

Esta edición, que contará con arredor de 25 grupos participantes e máis de 20 locais implicados, arrancará cunha foliada no Toldo da Covecha ás 18:00h, que servirá como previa ao inicio do Pasabares, que comezará ás 20:00h da tarde. Unha vez chegadas as 23:30h, o grupo “Os Enxebres de San Lázaro” darán un concerto no Toldo da Covecha, tras o cal se dará paso a unha foliada libre.
“O Pasabares é unha oportunidade perfecta para continuar apoiando, por unha banda, á música tradicional e a cultura do Concello da Pobra do Caramiñal, e pola outra, á nosa hostalaría, que agradece a dinamización da vila que supoñen este tipo de eventos.”, declarou a edil Patricia Lojo.

Os asistentes terán a oportunidade, ademais, de acceder a un amplo abano de premios ofertados polos locais a través da compra das rifas do Pasabares, que estarán a disposición de quen as solicite ao longo de toda a xornada.

As bases do concurso están publicadas na páxina web da Consellería de Cultura.

Deja un comentario