Friday 21 de March de 2025

A Pobra do Caramiñal será o escenario do I Concurso Fotográfico “A vila que inspirou Don Severo Carballo”


A Pobra do Caramiñal, 20 de marzo de 2025.-. O Concello da Pobra do Caramiñal ven de presentar o I Concurso Fotográfico “A Vila que inspirou Don Severo Carballo”; un concurso de fotografía que busca ser o pistoletazo de salida da 6º Edición dos Ciclos Victoriano García Martí.
“A iniciativa deste I Concurso Fotográfico nace da vontade de continuar innovando, ano tras ano, nos Ciclos arredor da figura de Victoriano García Martí. Trátase de dar unha oportunidade ao conxunto dos veciños e veciñas de achegarse, participar, e coñecer mellor tanto a Victoriano como á vila que o inspirou “, segundo declara a edil Patricia Lojo.

A inscripción neste concurso realizarse enviando un email ao Museo Valle Inclán, sendo o prazo entre o 20 de marzo e o 20 de abril. Haberá dous premios, un primeiro de 300€ e un segundo de 100€ para os gañadores, e buscarase animar á participación da veciñanza. As fotografías serán con técnica libre, deberán reflexar espazos que aparezan na novela e poderanse achegar ata dúas fotografías por persoa.

As bases do concurso están publicadas na páxina web da Consellería de Cultura.

Deja un comentario