Friday 21 de March de 2025

Aseguradas unhas chapas na ponte interprovincial en Isorna, no concello de Rianxo


Os bombeiros do parque Provincial de Boiro foron alertados arredor das 9:30 horas da mañá de hoxe, 20 de marzo, por unhas chapas soltas na ponte interprovincial en Isorna, no concello de Rianxo, que supoñían un risco para a circulación e para os peóns.

Feita unha valoración inicial da situación, os bombeiros provinciais encargáronse de suxeitar correctamente as chapas para evitar o perigo.

Completou o operativo a Garda Civil de Padrón.

Deja un comentario