
Hoxe, na conmemoración do Día Internacional do Teatro Infantil e Xuvenil, a concelleira de Cultura, Antía Alberte Maneiro visitará esta tarde, xunto ao xestor cultural do concello Unai González, a Escola Municipal Infantil de Teatro de Ribeira, no auditorio municipal.
As nenas e nenos participantes, da man do director do GMT, Oscar Romero e da axudante de dirección, Carmen Peña, están a preparar unha nova montaxe para estrear no mes de maio no marco da Mostra de Teatro Infantil “Daniel Gómez Ramil”, que organiza este concello dende fai 25 anos.
Sen dúbida algunha temos unha semente escénica que da boa mostra da saúde teatral de Ribeira, cunha das mostras máis completas de Galicia, co grupo municipal de teatro afeccionado que visita vilas e cidades de todo o país, coa mostra infantil celebrando as súas vodas de prata, coa escola municipal de teatro con cativada de 7 a 13 anos ou con dramaturgos e artistas da talla de Quico Cadaval e Susana Sampedro, entre outros.
Longa vida ao Teatro e Feliz Día!
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.