Friday 21 de March de 2025

O Consorcio de Santiago reúne a súa Comisión Executiva


Na xuntanza aprobouse a convocatoria de 2025 do programa de axudas ao mantemento “Ter É Manter”

O Consorcio de Santiago celebrou este xoves 20 de marzo a súa Comisión Executiva. A xuntanza estivo presidida pola alcaldesa da cidade e presidenta do organismo interadministrativo, Goretti Sanmartín, e tivo lugar na sede do Consorcio de Santiago no Pazo de Vaamonde.

Así mesmo, participaron pola Administración Xeral do Estado, Ángel Esteban Paul, inspector xeral do Ministerio de Facenda; pola Xunta de Galicia, Elvira Mª Casal García, secretaria xeral técnica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude; e en representación do Concello de Santiago de Compostela, os concelleiros Borja Verea Fraiz, Gonzalo Muíños Sánchez e María Rozas Pérez. Asistiron tamén á xuntanza José Manuel González García, vicesecretario do Concello de Santiago e secretario do Consorcio da cidade de Santiago de Compostela, Francisco Javier Ulloa Arias, interventor do Concello e responsable de control do Consorcio e José Antonio Domínguez Varela, xerente do Consorcio.

No transcurso da reunión aprobouse a liquidación do orzamento relativo ao 2024 do Consorcio da cidade de Santiago de Compostela, así como se deu conta das bases reguladoras e a dotación orzamentaria por importe de 700.000€ para a convocatoria de 2025 da concesión de subvencións do programa “Ter É Manter”. Este programa de subvencións esta dirixido a obras de rehabilitación dos elementos especiais de madeira e reixas e ao mantemento e mellora da eficiencia enerxética da envolvente exterior dos inmobles da cidade histórica de Santiago de Compostela.

Deja un comentario