Friday 21 de March de 2025

O Circo de Artesáns distingue no seu 178 aniversario ao escritor Manuel Rivas como Coruñés do Ano


Inés Rey: “Hoxe celebramos a cerna da Coruña, a fábrica dos seus talentos e dinámicas, o lenzo que sempre se nutriu de pluralismo e liberdade”

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta mañá o acto de celebración do 178 aniversario do Circo de Artesáns. A entidade, que conta coa colaboración activa do Concello da Coruña no desenvolvemento da súa actividade, decidiu impulsar este ano o I Premio Coruñesa/és do Ano do Circo de Artesáns. Este distintivo recaeu no escritor e xornalista Manuel Rivas, polo seu papel destacado no eido cultural da cidade. No acto tamén participou o presidente do Circo de Artesáns, Roberto Parga, e a deputada provincial Avia Veira.

“Hoxe celebramos a cerna da Coruña, a fábrica dos seus talentos e dinámicas, o lenzo que sempre se nutriu de pluralismo e liberdade”, sinalou a alcaldesa durante a súa intervención, que felicitou ao Circo de Artesáns polo seu incuestionable papel cultura e social neste 178 aniversario. Rey tamén afirmou sobre o premiado que “este recoñecemento vai moito máis alá, refírese a medio século de actividade, ou mellor dito, de activación”. “Sexa no plano cultural ou no plano social, Rivas forma parte da médula da Coruña e de Galicia, e faino dun xeito que nos traslada a esa cosmovisión atlántica, comunal e ilustrada da que lles falaba, a que nos define”, indicou a alcaldesa.

Deja un comentario