
As entradas saen hoxe á venda a través de Ataquilla e da praza de Ourense
A actriz Candela Peña actuará o vindeiro domingo 13 de abril no Teatro Colón co seu novo espectáculo ‘Peña+Peña’. “Desde o Goberno de Inés Rey seguimos sumando grandes nomes á programación cultural da cidade, que ten ao Colón como un dos seus grandes escenarios”, indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.
Candela Peña presenta un espectáculo único e exclusivo onde todo pode pasar e que non se poderá ver en ningún outro lugar. Queda absolutamente prohibido gravar e facer uso do móbil durante a función. Trátase dun monólogo improvisado sen maior escenografía que a presenza da propia protagonista.
Só ela no escenario, improvisando, compartindo anécdotas e creando momentos inesperados co público, e con algunha que outra sorpresa. Unha charla auténtica, divertida e sen filtros. As entradas saen este xoves 20 de marzo á venda a través de Ataquilla en no despacho de billetes da praza de Ourense.
Candela Peña (1973) é unha actriz española recoñecida pola súa versatilidade en cine, teatro e televisión. Na súa carreira gañou tres premios Goya por ‘Te doy mis ojos’, ‘Princesas’ e ‘Una pistola en cada mano’. Destaca polo seu estilo interpretativo intenso e a súa forte persoalidade en pantalla.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.