Sunday 23 de March de 2025

O vindeiro domingo 23 celébrase VII Bandeira de Bateis Concello de Ribeira


Hoxe presentouse esta sétima bandeira coa presenza do rexedor, Luís Pérez, o tenente de alcalde, Vicente Mariño, o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta máis o presidente do CNR Ribeira, Jesús Silva.
A organización da regata corresponde o CNR Ribeira e disputarase entre o faro “Lajareu” e o Porto Comercial; comezará́ as 11:00 h. sendo a reunión de delegados as 09:30 h na carpa de xuíces que estará na línea de boias.
Poderán participar tódolos equipos da Zona Norte da Liga Galega de Bateis coas tripulacións que desexen, dentro das categorías que se recollen no Regulamento de Competición da Liga Galega de bateis. A regata desenvolverase conforme o Regulamento de Competición da Liga Galega de bateis. O finalizar a regata entregaranse medallas dos tres primeiros clasificados de cada categoría seguido da entrega de dúas bandeiras (feminina e masculina).
Jesús Silva falou das previsións meteorolóxicas, “esperamos contar con tódolos clubs xa que as derradeiras previsións do tempo non son moi boas, esperemos que nos deixe realizar a proba”, tamén falou do número de deportistas, “contamos con arredor de 500 deportistas, sobre unhas cen embarcacións e esperamos contar como mínimo co mesmo número de participantes”.
O percorrido será o habitual por fora do porto exterior, a saída será do porto ao illote da Insua cunha distancia de 500 metros que varía con cada categoría. Silva concretou para finalizar que a Xunta de Galicia poderá cancelar a proba “de feito mañá nos cacelaron o entreno por mor alerta laranxa”.
Pérez Barral animou á xente que nunca presenciou unha proba de bateis, “animalas a que veñan a Ribeira que disfruten dunha competición que é tanto física coma mental e á vez unha sincronía de movementos; aporta o valor do traballo en equipo xunto co esforzo diario de adestramento”.
Barral rematou animando ás persoas da comarca para que se acheguen a Ribeira para gozar desta xornada de bateis “se o tempo o permite”.

Deja un comentario