
Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira interviñeron ao redor das 18:15 horas de onte, mércores 19 de marzo, na retirada dun poste e cables de teléfono que foran derribados por un vehículo pesado e que entorpecían o tráfico rodado na intersección das rúas Alexandre Bóveda e Rafael Dieste, no concello da Pobra do Caramiñal.
Os bombeiros procederon a levantar os cables, retirar o poste de madeira e a sinalizar con cinta o lugar no que caera, quedando a estrada aberta ao tráfico de novo.
Completou o operativo a Policía Local da Pobra do Caramiñal.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.