
Os bombeiros do parque Provincial de Carballo foron alertados na xornada de onte, 19 de marzo, pola caída dunha árbore na estrada que vai de Cótaro a Albarís, na parroquia de Rus, no concello de Carballo.
Ao chegar ao lugar dos feitos comprobaron que impedía a circulación dos vehículos, polo que procederon a sinalizar a zona para poder traballar con seguridade. Os bombeiros provinciais encargáronse de cortar a árbore e retirar as polas da vía para que quedara completamente liberada para a circulación.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.