Thursday 20 de March de 2025

Miño e Pontedeume se alían para recuperar o castro de Centroña-Sambollo


O goberno local levou hoxe a pleno a tramitación conxunta de proxectos no marco das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), un paso fundamental para a solicitude dunha axuda ao Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP).

A proposta contou co apoio de todos os grupos políticos.
O Concello de Miño aprobou nunha sesión plenaria extraordinaria e urxente celebrada hoxe a agrupación dos municipios de Miño e Pontedeume para a tramitación conxunta de proxectos no marco das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP). Este acordo supón un paso fundamental para a solicitude dunha axuda ao Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) co obxectivo de poñer en valor o castro de Centroña-Sambollo, localizado dacabalo dos dous municipios.
Con esta iniciativa, os concellos buscan impulsar a conservación e promoción deste xacemento arqueolóxico, clave na historia e o patrimonio cultural da zona. A colaboración entre Miño e Pontedeume permitirá coordinar esforzos e acceder a fondos destinados á protección e difusión do patrimonio local, favorecendo tanto o seu estudo como a súa posta en valor para veciños e visitantes.

O castro de Centroña-Sambollo é un enclave de gran relevancia histórica, cuxa recuperación contribuirá a fortalecer a identidade cultural da comarca e a dinamizar o turismo na zona. A través desta solicitude de financiamento, preténdese desenvolver accións que garantan a súa preservación e que permitan á cidadanía coñecer mellor este legado patrimonial.

Deja un comentario