
Alternativa levará a Pleno unha moción para instar ao goberno local para que dote dos recursos precisos relativos a aloxamento de urxencia e outras actuacións en materia de violencia de xénero.
O Concello de Culleredo recibiu o pasado mes de decembro unha comunicación telefónica por parte do equipo VIOXEN da Garda Civil onde se trasladaba unha situación de urxencia dunha veciña con menores a cargo que estaba sendo asistida por un caso de violencia de xénero.
A actuación requiría do aloxamento temporal de urxencia de tres persoas ante a imperiosa necesidade de saír do seu domicilio habitual. Circunstancia que se tivo que solucionar a través dos recursos que puxo a disposición un concello limítrofe (Oleiros) xa que o Concello de Culleredo non dispoñía de ningún aloxamento temporal ao efecto.
Alternativa dos Veciños denuncia o incumprimento do Plan de Igualdade Municipal, aprobado o 29 de outubro de 2024, onde se contempla a necesidade de elaboración de 2 convenios con hoteis e/ou hostais coa finalidade de dar cumprimento a situacións como a anteriormente comentada. Ademais o mesmo Plan establece a incorporación ao Sistema de Seguimento Integral ESTATAL nos casos de violencia de xénero por parte da Policía Local.
Neste sentido desde Alternativa dos Veciños Culleredo levarase a Pleno unha moción para que se asuma a urxencia de cumprir co establecido no Plan de Igualdade Municipal, ademais de adoptar de inmediato as medidas precisas para dispoñer dos recursos habitacionais de urxencia no Concello de Culleredo e a solicitude de incorporación da Policía Local e a posterior Adhesión ao protocolo… tal e como se recolle no devandito Plan aprobado o pasado mes de outubro de 2024.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.