
A convocatoria inclúe prazas de subalterno, auxiliar administrativo e administrativo, reforza así o persoal municipal
O Concello da Coruña abre mañá o prazo de presentación de solicitudes para optar a 48 prazas na Administración municipal, segundo se recolle nas resolucións publicadas no Boletín Oficial do Estado (BOE). O proceso rexerase polas bases publicadas no Boletín Oficial da Provincia os días 29 de agosto e 20 de novembro de 2024 e responde ao compromiso do Goberno local co reforzo dos servizos públicos e a consolidación do emprego na Administración.
As prazas ofertadas distribúense do seguinte xeito:
● 11 prazas de subalterno/a (Administración Xeral, subescala Subalterna), acceso mediante oposición en quenda libre.
● 24 prazas de auxiliar administrativo/a (Administración Xeral, subescala Auxiliar), acceso mediante oposición en turno libre.
● 13 prazas de administrativo/a (Administración Xeral, subescala Administrativa), acceso mediante oposición en turno libre.
O prazo para presentar as solicitudes será de vinte días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte á publicación da resolución no Boletín Oficial do Estado. Os sucesivos anuncios relativos ao proceso selectivo faranse públicos nos termos establecidos nas bases da convocatoria.
Esta iniciativa enmárcase na aposta do Goberno de Inés Rey por fortalecer os servizos municipais e dotar a administración de máis recursos humanos para ofrecer unha atención á cidadanía áxil e eficiente. O concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage Tuñas, sinalou que “este proceso selectivo é unha oportunidade para mellorar a capacidade de resposta da administración e garantir un servizo público de calidade”.
Nota de Prensa
Para máis información sobre os requisitos e proceso de inscrición e selección de persoal, as persoas interesadas poden consultar a seguinte ligazón:
https://www.coruna.gal/administracion-publica/gl/recursos-humanos/convocatorias-de-seleccion-de -persoal?argIdioma=gl
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.