
O primeiro encontro de presentación terá lugar o sábado 22 de marzo no auditorio do Ágora. Ata mediados de xuño celebraranse diversos Encontros de Barrio para facilitar a recollida das achegas da veciñanza
Ademais, a Xunta de Goberno Local aprobou este mércores as bases do proceso de admisión nas Escolas Infantís Municipais de cara ao vindeiro curso 2025/26 e un investimento de 100.000 euros en melloras no CEIP María Pita
A alcaldesa, Inés Rey, informou hoxe de que o Concello porá en marcha esta semana o proceso de participación cidadá ligado ao Estudo do Transporte Urbano da Coruña, que permitirá definir o futuro deste servizo municipal.
Rey precisou que, “como explicamos durante o proceso de contratación do estudo, dende o Concello queríamos que contase cunha fase que involucre a toda a cidadanía e aos principais axentes sociais implicados para abordar as diferentes características do servizo actual, así como as principais necesidades das persoas usuarias”.
Neste sentido, este martes remitiuse ás diversas asociacións veciñais da Coruña unha carta de convite á presentación dos foros urbanos, acto que terá lugar este sábado 22 de marzo ás 11.30 horas no auditorio do Centro Sociocultural Ágora. A rexedora animou á cidadanía a participar na presentación, “pois será tamén un acto aberto á participación de todos os coruñeses e coruñesas”.
A presentación no Ágora levarase a cabo en dúas partes. A primeira, coa explicación do proceso de participación a cargo do equipo técnico para dar a coñecer as claves do estudo. E a segunda, con dinámicas participativas a través dun cuestionario e posterior intervención a micro aberto das persoas asistentes.
“Con esta presentación damos inicio a unha serie de Encontros de Barrio que realizaremos de marzo a xuño, cun total de 11 citas sempre en horario de tarde os martes e xoves co obxectivo de que poda asistir o maior número de persoas posible. O obxectivo é ter, como mínimo, un encontro
Nota de Prensa
participativo por distrito, mais queremos favorecer a posibilidade de asistencia da maior poboación posible, atendendo a capacidade e aforo dos centros”, razoou Rey, que agregou que o Concello tamén porá en marcha unha campaña informativa para que toda a cidadanía teña información das datas dos encontros previstos entre este mes de marzo e ata mediados de xuño.
A previsión é que os Encontros de Barrio comecen a semana que vén. Este é o calendario:
● 25 de marzo: Centro cívico de Mesoiro.
● 8 de abril: Centro cívico dos Mallos.
● 24 de abril: Centro cívico de Monte Alto.
● 6 de maio: Centro cívico de Monelos.
● 20 de maio: Centro cívico do Birloque.
● 19 de maio: Centro cívico dos Rosales.
● 5 de xuño: Fórum Metropolitano.
● 10 de xuño: Centro cívico de Eirís
● 12 de xuño: Centro cívico de Elviña.
● 14 de xuño: Circo de Artesáns.
As persoas interesadas en participar nalgún ou nalgúns dos once Encontros de Barrio programados ata mediados de xuño xa poden formalizar a súa inscrición a través desta ligazón.
Ademais, toda a información sobre o proceso participativo estará dispoñible nesta web específica. Os
Encontros de Barrio, un proceso de escoita activa para coa cidadanía
Rey subliñou que “os Encontros de Barrio non son excluíntes. Se unha persoa, por exemplo dos Mallos ou de Elviña, quere participar mais non pode asistir ao encontro asignado ao seu barrio porque traballa, non está na cidade, ou ten algún impedimento persoal ou profesional, poderá facelo en calquera dos outros encontros calendarizados e as súas achegas serán recollidas do mesmo xeito que se fose no seu barrio”.
Ademais, haberá un encontro específico para a mocidade no Espazo Xuvenil O Remanso, da man das entidades mozas da cidade así como da Universidade.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.