­
Friday 28 de March de 2025

A Pobra do Caramiñal celebrará por segundo ano consecutivo o Dia Mundial da Poesía


A Pobra do Caramiñal celebrará, este venres 21 de marzo, o Dia Mundial da Poesía por segundo ano consecutivo.

O Auditorio da Biblioteca Victoriano García Martí acollerá na tarde deste venres un recital de poesía ao que acudirán Manuel Teira, Anxos Castro, María Fernández e Manuel López Rodríguez, catro autores da zona que estarán acompañados pola soprano Esperanza Mara.
“Logo do éxito do ano pasado, dende a Concellería de Cultura queremos poñer en valor unha vez máis a poesía e dar visibilidade aos e ás poetas, nun acto participativo ao que todo o mundo está convidado ” – sinalou Patricia Lojo, concelleira de cultura da Pobra do Caramiñal.

Está previsto que, unha vez rematado o recital dos autores invitados, aquelas persoas do público que así o queiran poidan participar coa lectura dos seus poemas.

Deja un comentario