Friday 28 de March de 2025

A Xunta destaca as iniciativas que desenvolve ENKI nos centros educativos para promover a integración e incluso das persoas con discapacidade


A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, destacou esta mañá as Xornadas de sensibilización en centros educativos que desenvolve Enki para fomentar entre os máis pequenos a inclusión e integración das persoas con discapacidade. Así o sinalou no segundo dos encontros provinciais con centros educativos que organiza a entidade, neste caso na cidade da Coruña no que varios escolares puideron practicar deportes adaptados e poñerse na pel das persoas con discapacidade.

Begoña Abeijón sinalou a importancia da colaboración entre as Administracións e as entidades sociais como Enki para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade. Así, fixo fincapé en que a Xunta seguirá apoiando a esta organización para que sigan traballando na integración e impulsando unha Galicia máis solidaria e inclusiva.

Deja un comentario