
Ribeira e sinónimo de solidariedade, diversos eventos se presentan en Santa Uxía cuxo denominador común son a empatía e o de aportar un grao de area para causas de diversa índole.
Hoxe tivo lugar a presentación desta segunda andaina a favor da enfermidade de Dent e por extensión á súa asociación Art for Dent, organizada polo Colexio Galaxia de Ribeira coa colaboración da Anpa do mesmo.
Á convocatoria acudiron o segundo tenente de Alcalde, Francisco Suárez-Puerta, os representantes do Colexio Galaxia, os profesores Eugenia Garrido e Fernando Yáñez (autor do mural de Manuel Ayaso para Salmoira) máis a representante da Anpa, Aurea Ageitos Gude.
A enfermidade de Dent é moi minoritaria de carácter hereditario e de orixe xenética. Este desorde está causado por mutacións xenéticas nos xens CLCN5 (Dent 1) e OCRL1 (Dent 2) asociados a canais de cloro. Presenta una herdanza recesiva ligada ao cromosoma X e a súa prevalencia descoñécese, aínda que este trastorno foi descrito nunhas 250 familias en todo o mundo no que o 4% están focalizadas en Galicia.
A enfermidade de Dent adoita presentarse case exclusivamente en varóns e afecta selectivamente ao ril con proteinuria, hipercalciuria, nefrolitiasis, nefrocalcinosis e insuficiencia renal crónica. Non existe un tratamento definitivo para a enfermidade e de aí a importancia de seguir investigando para acadar unha solución.
“Art for Dent” o compoñen varias familias de Galicia e Asturias, unidas para loitar contra esta doenza minoritaria que afecta gravemente aos riles dos nosos fillos. Desde a arte e a cultura, todo o que fan é para dar visibilidade e conseguir fondos para a investigación da enfermidade de Dent.
Suárez-Puerta informou que andaina será o vindeiro sábado 29 de marzo, e falou do importante de “facer fronte como sociedade a este tipo de situacións porque ao non verse tan afectada pola maioría, non se centra o foco sobre elas, pero son igual de importantes”. Colomer enalteceu o traballo da asociación que “é inconmensurable e impagable porque unha persoa que non ten máis saída que a doazón dun órgano e que se vexa protexida por xente que se preocupe e que traballe para poder conseguir unha mellora na situación é digno de enxalzar”.
Suárez-Puerta animou á veciñanza e á xente da contorna a inscribirse nesta andaina na web:
https://www.deporticket.com/web-evento/11027-2-andaina-solidaria-un-raio-de-luz ou no Colexio Galaxia; os donativos para a andaina serán de 5 euros para os adultos e 3 euros para os nenos e nenas, tamén se poderán facer inscricións o mesmo día da andaina. Para finalizar sinalou que outra forma de axudar á asociación é
facéndose socio da asociación ou a posibilidade de facer doazóns por Bizum co código: 03256 ou incluso adquirir algún produto solidario a través da páxina web: https://artfordent.es/gl/
Despois dan gran acollida do año pasado, esta edición contará con percorrido moi sinxelo duns 6 km, con saída dende a Praza de España ata a Pedra das Cabras, pasando polo mural de Manuel Ayaso, enmarcado dentro do proxecto mural da Asociación “Art for Dent” e realizado dentro do Festival Mural Salmoira do Concello de Ribeira.
A escola de música POPs de Ribeira, amenizará ao final da Andaina con diversas actuacións de nenos e nenas.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.