Monday 31 de March de 2025

O Concello abre o prazo para solicitar as bolsas comedor do curso 2025/2026 


O Concello da Coruña convoca as bolsas comedor para o curso escolar 2025/2026, que teñen como finalidade garantirlles o acceso ao comedor escolar ás familias con menores recursos. 

O Concello abre o prazo para solicitar as bolsas comedor destinadas ao alumnado matriculado nos centros educativos municipais durante o vindeiro curso escolar. 

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o día 18 de marzo ata o 4 de abril de 2025. Os impresos están dispoñibles nos rexistros municipais, nos centros cívicos e na sede electrónica municipal. As solicitudes deberán presentarse a nome da persoa beneficiaria (alumna ou alumno), asinará a solicitude a persoa representante legal en caso de que sexa menor de idade. 

Entre os principais requisitos atópanse: 

  • Dispor de DNI, NIE ou número de identificación fiscal (NIF) válido antes de rematar o prazo de emenda.
  • Estar empadroado/a ou no Concello da Coruña.
  • Ter formalizada a matrícula ou solicitude de matrícula nun centro educativo do termo municipal.
  • Dispoñer dunha praza na modalidade presencial e asistencia continuada durante todo o período lectivo, de setembro de 2025 a xuño de 2026.

O Concello destina un crédito total de 2.253.000 euros para esta convocatoria, co obxectivo de atender o maior número posible de solicitudes e contribuír á conciliación das familias coruñesas. A alcaldesa, Inés Rey, lembrou que é a maior cifra orzamentada polo Concello para esas bolsas, deseñadas co fin de axudar a todas aquelas familias que o precisan. Rey lembrou tamén que noutros puntos do país son as comunidades autónomas as que sufragan ditas bolsas, “mais ante a ausencia da Xunta, o Concello asume unha vez máis unha competencia impropia para respaldar a quen máis o precisa”, dixo.

Todos os listaxes relacionados coa convocatoria publicaranse utilizando o código do expediente individual asignado a cada solicitude. Ademais, facilitarase unha lista identificadora das solicitudes presentadas con cada publicación realizada ata a resolución definitiva. 

Para máis información pódese consultar a web municipal na seguinte ligazón: Bolsa Comedor 2025-2026

Deja un comentario