Monday 31 de March de 2025

Unha Semana Santa chea de diversión para os máis pequenos da casa en Miño


O Concello organiza un ano máis un campamento coincidindo cos días festivos, dirixido a nenos e nenas nacidos entre 2013 e 2021, ambos os incluídos.

O prazo de preinscrición abrirá este xoves, 20 de marzo.

O Concello de Miño organiza o campamento de Semana Santa “Vacacións en Movemento”, unha iniciativa gratuíta dirixida a nenos e nenas nacidos entre os anos 2013 e 2021, ambos os incluídos. Esta actividade está destinada a menores empadroados en Miño ou fillos e fillas de proxenitores que traballan na localidade.

O campamento desenvolverase os días luns, martes e mércores de Semana Santa, en horario de 8:00 a 14:00 horas, e contará cunha variada oferta de actividades creativas e deportivas. As actividades creativas e artísticas levarán a cabo no Centro Social da Rúa, mentres que as dinámicas e deportivas terán lugar nas pistas da Galea.

As inscricións deberán formalizarse no Rexistro Municipal ou a través da sede electrónica do Concello. O prazo de preinscrición estará aberto desde este xoves 20 de marzo ás 9:00 horas ata o martes 1 de abril.
Esta iniciativa, impulsada polo Concello de Miño coa colaboración da Xunta de Galicia e o Goberno de España, forma parte do programa “Corresponsables”, co obxectivo de fomentar a conciliación familiar e a igualdade. Ademais, enmárcase dentro dos proxectos “Deporte en Camiño” e “Igualdade en Camiño”, promovendo hábitos de vida saudable e valores de equidade entre a infancia.

Deja un comentario