Thursday 20 de March de 2025

Incendio na cheminea dunha vivenda en Escarabote, no concello de Boiro


Os bombeiros do parque Provincial de Boiro foron alertados arredor das 21:15 de onte, 17 de marzo, dun incendio na cheminea dunha vivenda na rúa Carretera do Porto, en Escarabote, no concello de Boiro.

Os bombeiros provinciais encargáronse da extinción do lume, que se produciu na parte metálica exterior da cheminea e na parte de unión con esta no baixo cuberta.

As altas temperaturas provocaron que racharan varias tellas pegadas á cheminea, así como a aparición dalgunha greta na parede da mesma.

As persoas do interior da vivenda non se viron afectadas.

Completaron o operativo a Policía Local, a Garda Civil e SMPC de Boiro.

Deja un comentario