
Unha xornada aberta e gratuíta para achegar a cidadanía aos oficios artesanais
O Concello da Coruña reafirma o seu compromiso co sector artesanal galego e colabora coa Asociación Galega de Artesáns na organización de Oficios en Acción, unha nova xornada de divulgación e posta en valor da artesanía que terá lugar o sábado 6 de abril no Centro Sociocultural Ágora.
O evento, de acceso gratuíto e aberto a todos os públicos, busca achegar á cidadanía o traballo artesanal mediante obradoiros impartidos por profesionais do sector. Durante a xornada as persoas asistentes terán a oportunidade de participar en diferentes actividades, desde a encadernación xaponesa ata a elaboración de obxectos en coiro, pasando pola creación de xoiería en cera e a confección de pezas de
cerámica.
O Goberno de Inés Rey reafirma o seu compromiso coa promoción da artesanía e co apoio aos profesionais do sector como parte do desenvolvemento cultural e económico da cidade.
O concelleiro de Cultura, Gonzalo Castro, destacou a importancia de iniciativas como Oficios en Acción para a preservar e difundir das técnicas tradicionais da artesanía galega. “A artesanía forma parte do noso patrimonio cultural e merece un espazo de recoñecemento e promoción”, afirmou.
A programación do evento inclúe obradoiros especializados nos que os participantes aprenderán diferentes técnicas:
● Aula 5
○ Creación de moedeiros de coiro (Chueco)
○ Pregado de libros para deseños artísticos (Mioco Deseños)
● Aula 6
○ Bordado sobre papel de algodón (Casperlota)
○ Elaboración de canudos con técnica Miyuki (Artesanía Nia)
Nota de Prensa
● Aula 7
○ Elaboración de pousavasos de coiro (Jatafarta)
○ Encadernación artesanal xaponesa (Códice)
● Aula 8
○ Deseño e confección de toucados en fibra vexetal (Hana no Boshi)
○ Modelaxe de pezas de cerámica con técnica Kurinuki (Mario López)
○ Xoiería en cera e fundición (A Feitura)
● Aula 9
○ Técnicas de modelaxe para reprodución de partes do corpo (Víctor Ares) ○ Elaboración de tarxeteiros de coiro con técnicas de marroquinería (Antolín Piel)
A organización lembra que os menores de idade deberán estar acompañados dunha persoa adulta durante as actividades. Ademais, debido á capacidade limitada, recoméndase realizar a inscrición previa a través da web www.galegadeartesans.org/oficiosenaccion/.
O Concello da Coruña anima a toda a cidadanía a participar nesta xornada de aprendizaxe e posta en valor dos oficios artesanais, e contribuír así á conservación e promoción da artesanía galega.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.