
Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira foron alertados esta madrugada, arredor das 06:15 horas, dun incendio nun colector de lixo na rúa Barrantes, no concello da Pobra do Caramiñal.
O operativo consistiu na extinción do lume, que calcinou por completo o colector, e na posterior comprobación da seguridade do perímetro.
Na actuación tamén tomou parte a Protección Civil da Pobra do Caramiñal.
Rematado o servizo, sobre as 07:10 horas reciben outro aviso doutro incendio nun colector, esta vez na rúa Xogo da Bola, na Pobra do Caramiñal.
O operativo consistiu na extinción das lapas, que estaban afectando o lixo do interior sen danar o colector. Unha vez apagado procedeuse a comprobar a seguridade no perímetro.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.