
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, reuniuse esta mañá en San Caetano co alcalde do municipio coruñés de Laxe, Francisco Charlín, para avanzar en colaboracións en programación cultural e en recuperación do patrimonio.
Precisamente, no encontro tanto López Campos como o rexedor coruñés fixeron especial fincapé na cooperación de ambas administracións en materia de actuacións e intervencións en xacementos para a posta en valor deste valioso patrimonio, ao abeiro do Plan de intervencións arqueolóxicas do Goberno galego.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.