O Concello de Cambre organizou un acto institucional polo Día Internacional da Muller no salón de plenos do concello. Consolación Paz, unha veciña centenaria de Sigrás e a artista internacional, Susana Seivane, foron as encargadas de ler un manifesto polo día da Muller. O alcalde de Cambre, Oscar García Patiño, presentou un acto no que se pretende poñer en valor o papel das mulleres na sociedade, defender os seus derechos, denunciar a violencia machista e loitar pola igualdade de xénero. Arropando as mulleres senlleiras estiveron as concelleiras da Corporación a secretaria municipal, María Luisa de la Red, e tamén Elena Carro vountaria de Protección Civil.
O alcalde sinalou que xamais poderá haber paz, nin progreso, nin igualdade sen os mesmos dereitos e plena participación das mulleres; e non pode haber igualdade de xénero sen garantir os seus dereitos laborais, o seu dereito á saúde sexual e reprodutiva e por suposto o seu dereito a dignidade. “Desde o concello de Cambre continuaremos levando a cabo iniciativas formativas nos centros educativos como medio de concienciación, a condenar calquera tipo de violencia machista, a poñer en marcha o noso plan de igualdade e a poñer en valor o traballo de moitas cambresas que hoxe son exemplo para moitos veciños e un orgullo para o noso pobo”, apuntou. O Concello de Cambre quere celebrar a conmemoración do 8 de marzo dun xeito reivindicativo e visualizador da situación de discriminación que adecen as mulleres en xeral, e as galegas en particular.
Por outra banda, Susana Seivane leeu un manifesto no que defendeu que a sociedade deste século segue a ser feminista, é dicir, “seguimos a reivindicar a igualdade real e efectiva de mulleres e homes. Seguen a darse situacións de discriminación inaceptábeis no ámbito laboral, familiar, dos dereitos,…, e o máis triste de todo, o machismo segue a asasinar a mulleres polo mero feito de selo. As mulleres padecen taxas de paro moi elevadas, cobran salarios inferiores e padecen moitos máis recortes debido a crise económica. Por outra banda, sofren un desigual reparto das tarefas derivadas do coidado e das reprodutivas, así como das tarefas domésticas. Por isto, este acto non será so un día de celebración, se non tamén un día de homenaxe a todas as mulleres do noso concello que loitaron e seguen a loitar cos seus actos diarios por transformar a nosa sociedade, facéndoa máis xusta para todos e todas. Rosalía escribiu no ano 1858 o manifesto feminista “Lieders”, e deixa clara a súa condición de poeta universal da condición feminina e resalta as contradiccións existentes “entre o ideal da muller musa que a sociedade lle esixía ser e a muller que realmente era”