Monday 17 de March de 2025

O alcalde recibiu no concello ao Fútbol Club Galicia de Berna


O equipo xogou un partido amistoso o pasado sábado contra o San Román C.F.

O Fútbol Club Galicia de Berna foi recibido hoxe no Concello polo alcalde, José Manuel López Varela, e a edil de deportes Patricia Bello.

O equipo, procedente de Suiza, e integrado maioritariamente por xogadores orixinarios de distintos Concellos galegos, xoga na liga de Veteranos de Berna e na liga rexional, e trasladouse o pasado sábado ata o noso municipio para disputar un partido amistoso contra o equipo local San Román C.F.
Para rematar a recepción o presidente do equipo, José Manuel Otero Souto, fíxolle entrega ao alcalde dun escudo do equipo. O rexedor tamén lle fixo entrega dun detalle institucional en nome da Corporación municipal.

Deja un comentario