Monday 17 de March de 2025

Ribeira abre dous aseos públicos autolimpiables para mellorar os servizos á cidadanía 


O Concello de Ribeira pon hoxe mesmo en funcionamento dous aseos públicos autolimpiables, atendendo a unha “demanda histórica” da veciñanza. O investimento para a instalación destes aseos ascendeu a 100.000 euros, financiados dos fondos Next-Generation, permitindo dotar ao municipio de infraestruturas modernas e accesibles. 

Os novos servizos situáronse en puntos estratéxicos da localidade para garantir unha maior accesibilidade e cobertura: un no parque das Avesadas e outro na zona do paseo marítimo de Banda ao Río – O Touro. Estas localizacións foron elixidas pola alta afluencia de persoas que reciben diariamente, especialmente en tempadas de maior actividade, como os meses de verán e os eventos festivos. 

Devanditos módulos posicionan a Ribeira na vangarda do deseño e tecnoloxía aplicada aos aseos públicos. Os materiais empregados son de primeira calidade, impermeables, non absorbentes, antivandálicos, resistentes ao desgaste, sólidos e inalterables por axentes externos e atmosféricos e totalmente homologados, cumprindo as normas específicas. A estrutura principal de perfís tubulares en aceiro galvanizado e con pintura polimerizada. O aseo é apto para a utilización mixta e para persoas con diversidade funcional xa que o acceso e a maniobralidade no interior da cabina cumpre a normativa vixente en materia de accesibilidade. A cabina conta cun sistema de funcionamento automático que permite a limpeza do asento e do inodoro despois de cada uso e do chan de cabina. A porta de acceso é de seguridade e antivandálica en aceiro inoxidable, con illamento térmico e acústico e fechadura con electroimán. A apertura poderá realizarse con pulsador e desde o exterior onde haberá un indicador de exterior de libre, ocupado (ou autolimpieza) e fóra de servizo con simboloxía retroiluminada en led. Variarán as cores segundo o estado de dispoñibilidade. A cabina conta con iluminación natural e iluminación LED. 

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, destacou a importancia desta iniciativa para a mellora da calidade de vida no municipio: “estes novos aseos públicos autolimpiables respondemos a unha neceside histórica do municipio e contribúen a que Ribeira teña mellores infraestruturas para a veciñanza e para todas as persoas que nos visitan”. 

Coa posta en marcha destes aseos, dende o Concello informan que xa habería en funcionamento tres na zona da praia de Coroso, o das Avesadas, o do paseo do Touro, e tamén os do apeadoiro de autobuses. “Imos seguir despregando paseniñamenbte estes equipamentos accesibles e funcionais para mellorar os espazos públicos dos que desfruta a veciñanza”.

Deja un comentario