
Neda volverá contar este ano co apoio da Deputación da Coruña para activar durante a tempada alta un servizo de información turística. A entidade supramunicipal vén de conceder á localidade preto de 11.000 euros con este obxectivo.
O Concello será un dos 55 municipios beneficiarios da convocatoria de subvencións para concellos ou agrupacións de concellos de menos de 50.000 habitantes. Neda recibirá un total de 10.784 euros para o financiamento de “servizos profesionais independentes para a oficina de información turística”.
Este servizo xogará un papel importante de cara á captación de visitantes e, sobre todo, á hora de mellorar a información en destino, é dicir, de favorecer que a xente que chega a Neda aproveite ao máximo a súa estancia na vila.
No ano 2024, un total de 2.933 persoas (o 42% turistas internacionais) se achegaron á caseta de información, situada na contorna do albergue na procura de información sobre lugares e recursos de interese turístico, sobre o Camiño Inglés e sobre a hostalería e aloxamentos locais.
O Concello de Neda activará o servizo no tempo no que se intensifica a afluencia de peregrinos nas rutas de peregrinación, sendo o período mínimo de atención ao público de 4 meses.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.