
O Concello de Oleiros, coa fin de favorecer a conciliación das familias, organiza os Campaescola 2025 para crianzas entre 3 e 11 anos os días 14, 15 e 16 de abril en horario de 9:00 a 14:00 horas.
O Concello de Oleiros organiza campamentos de tres días ca fin de conciliar a vida familiar e laboral durante os días 14, 15 e 16 de abril. Estes campamentos dirixidos a nenas e nenos entre 3 e 11 anos desenvolveranse na Finca Tenreiro en Nós. Alí aprenderán de forma lúdica e en contacto coa natureza, realizarán actividades dinámicas e educativas, ademais de traballar na súa autonomía persoal e adquisición de hábitos saudables. Entre as actividades máis destacadas terán lugar pequenas excursións, obradoiros ao aire libre, horta ecolóxica, xogos tradicionais e animación.
Ofértanse 30 prazas para nenas e nenos nacidos entre 2014 e 2021 (Campaescola/3-6 anos e Campaescola/7-11 anos). O prezo é de 19,00 euros.
O prazo de preinscrición é do 17 ao 23 de marzo a través da Sede Electrónica municipal cubrindo o formulario habilitado ao efecto: https://www.oleiros.org/web/forms/shared/-/form/1556981
No caso de haber máis solicitudes que prazas ofertadas en cada grupo realizarase un sorteo o 24 de marzo na Fábrica ás 11:30 horas, na que terán preferencia os participantes empadroados en Oleiros.
O prazo de formalización da inscrición para os participantes con praza será do 25 de marzo ao 4 de abril. A reunión informativa sobre os contidos do programa será o día 10 de abril ás 20:00 horas no auditorio do Centro Cultural A Fábrica.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.