
Unha actuación conxunta das escolas de música e danza puxo sobre as táboas do Auditorio García Márquez a famosa ópera Carmen, un ambicioso proxecto materializado grazas ao elevado nivel artístico destes centros educativos. A versión escénica, baseada na que realizou Johan Inger para a Compañía Nacional de Danza, foi reinterpretada pola directora da Escola de Música, Malú Balado.
Un abarrotado teatro aplaudiu a rabiar a representación da peza, na que participou a Banda Municipal de Música de Oleiros, dirixida por Nilo García Armas, así como o coro La Tremenda Tremolina e a soprano Alba López Trillo.
A coordinación dos equipos artísticos das escolas municipais é produto do entusiasmo que caracteriza o seu traballo diario, traducido xa en numerosos espectáculos que se representan ao longo do ano.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.