Monday 17 de March de 2025

O Viñetas desde o Atlántico 2025 celebrarase do 11 ao 17 de agosto, con Castelao como unha das figuras centrais


O cartel desta edición presentarase o día 4 de abril no Salón Internacional do Cómic de Barcelona

O festival de banda deseñada Viñetas desde o Atlántico 2025 celebrarase do 11 ao 17 de agosto, durante as Festas de María Pita. O Goberno de Inés Rey traballa xa na confección dos diferentes eventos deste certame, que ano tras ano atrae á cidade ás mellores editoriais e autores do mundo do cómic. “O novo impulso dado pola nosa alcaldesa a este evento nos posiciona como o epicentro da banda deseñada durante o mes de agosto, unha mostra máis do liderado da Coruña a nivel cultural”, indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.

Viñetas desde o Atlántico está organizado polo Concello da Coruña e conta co autor e editor Manel Cráneo como director. O certame estará presente na vindeira edición do Salón Internacional do Cómic de Barcelona, que se celebrará os días 4, 5 e 6 de abril. Alí presentarase o cartel desta edición, que estará deseñado por un autor tamén será desvelado nesas datas.

Este ano, para conmemorar o 75 aniversario do seu falecemento, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao será unha das figuras centrais desta edición, incluíndo a súa presenza no cartel. “A figura de Castelao transcende en moitos sentidos a literatura e a política galega, deixándonos unha forte impronta cos seus debuxos e gravados, que recuperaremos esta edición cunha programación especial coma homenaxe”, indicou Gonzalo Castro.

Deja un comentario