Monday 17 de March de 2025

Baixo o lema “Avanzando en igualdade”, máis de medio centenar de veciñas e veciños participaban esta mañá na Andaina Saudable organizada polo Concello de Neda


Baixo o lema “Avanzando en igualdade”, máis de medio centenar de veciñas e veciños participaban esta mañá na Andaina Saudable organizada polo Concello de Neda no marco da programación do Mes da Muller. Partían pasadas as 10:00 horas do Albergue de Peregrinos tras protagonizar a foto de familia. Por diante, algo máis de 9 quilómetros dun percorrido apto para todas as condicións, que uniu os concellos de Neda e Narón e transcorreu maiormente parello ao trazado do Camiño Inglés. Entre outros puntos destacados, o Muíño das Aceas e o Mosteiro do Couto en Narón e o casco histórico e a igrexa de Santa María en Neda, ademais do paseo marítimo. A iniciativa contou co apoio do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e a colaboración da Agrupación Local de Protección Civil.

Deja un comentario