Monday 17 de March de 2025

Lorenzana destaca o alto nivel de calidade do sectot do contract en Galicia


A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, subliñou esta mañá a calidade, competitividade e transversalidade do contract en Galicia. Un sector do que destacou á súa aposta pola innovación e a sustentabilidade e que está integrado por máis dun centenar de empresas galegas que, coa súa presencia en 100 países, levan a marca Galicia por todo o mundo.
A titular de Economía e industria visitou o Boutique Hotel Noa en Santa Cruz de Oleiros, un espazo que para Lorenzana é un bo exemplo das cualidades do contract galego e que amosa as últimas tendencias do sector en sustentabilidade, eficiencia enerxética, ecodeseño, ecoinnovación ou novos materiais.

Deja un comentario