
A conselleira de Política Social e Igualdade sinala que o mérito desta acreditación recae, principalmente, no persoal do centro que cada día está ao carón das persoas maiores
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, trasladou hoxe os seus parabéns á residencia de maiores pública autonómica Torrente Ballester da Coruña, que acaba de recibir o certificado de Aenor que garante a calidade dos seus servizos conforme a requisitos e estándares internacionais.
Fabiola García puxo en valor que esta acreditación reflicte o compromiso de mellora continua por parte do equipo de profesionais que se ocupa da atención residencial, persoal, psicosocial e sociosanitaria dos usuarios. A conselleira sinalou, ademais, que o mérito desta distinción recae, principalmente, no persoal do centro que cada día está ao carón das persoas maiores.
O certificado de Aenor únese ao recoñecemento recibido en xaneiro como centro libre de suxeicións, o que converteu ao centro Torrente Ballester na primeira residencia de maiores de Galicia en obter este certificado por parte da Confederación Española de Organizacións de Maiores (Ceoma).
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.