
A concelleira de Bibliotecas, Arquivos e Normalización Lingüística centrou a súa intervención na Praza dos Libros
Cales son os retos do libro galego? Cales as súas apostas? Como de diversos os seus perfís? A que públicos lles falta por chegar? E, moi especialmente, que espazo teñen o lectorado e o libro galego nelas?
Estas son algunhas das preguntas ás que intentou responder a xornada As librarías, un ecosistema posible para o libro galego, organizada polo Consello da Cultura Galega (CCG). A iniciativa contou con participación carballesa por partida dobre, xa que, por unha banda, a profesora e escritora Rosalía Fernández Rial encargouse da coordinación xunto con Montse Pena, e, pola outra, a nosa concelleira de Bibliotecas, Arquivos e Normalización Lingüística, Ángeles Pacoret, foi unha das relatoras.
Ángeles Pacoret participou nunha mesa redonda coordinada por Montse Pena e orientada a amosar modelos de librarías que funcionan como espazos de cooperación. A concelleira compartiu espazo con María Pousa, coordinadora da Asesoría de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia, e Yaiza Peixoto, presidenta da Asociación Espazo de Lectura de Gondomar. A intervención da representante carballesa centrouse na Praza dos Libros e no papel imprescindible dos libreiros e as libreiras para o desenvolvemento da PLIC e para que o formato propio polo que leva apostando o Concello de Carballo desde o 2006 sexa un éxito ano tras ano.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.