Monday 17 de March de 2025

A Xunta abre o prazo de matrícula para as Escolas Infantís Públicas Autonómicas


Fabiola García sinala que os pais e nais poderán solicitar unha das máis de 10.500 prazas ofertadas ata o vindeiro 4 de abril

conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, anunciou a apertura do prazo de matrícula para as escolas infantís públicas autonómicas para o vindeiro curso 2025-2026. Fíxoo durante unha visita á escola infantil de Rois, na que sinalou que os pais e nais poderán solicitar unha das máis de 10.500 prazas ofertadas desde hoxe mesmo e ata o vindeiro 4 de abril. A conselleira estivo acompañada do alcalde de Rois, Ramón Tojo.

O Diario Oficial de Galicia publicou onte o calendario de matriculación para o que será o cuarto ano de gratuidade destes centros. A conselleira lembrou que Galicia foi pioneira en facer gratuítas todas as escolas infantís, independentemente da súa titularidade, durante oito horas ao día e once meses ao ano. Unha medida a disposición de máis de máis de 32.000 familias e na que a Xunta inviste máis de 65 millóns de euros ao ano.

A Xunta segue reforzando aqueles servizos de conciliación por toda a comunidade que lograron situar a Galicia como unha referencia durante os últimos anos. Mostra disto é o Bono Concilia Familia, que na última convocatoria beneficiou a 15.000 familias; a Tarxeta Benvida, unha axuda directa para que as familias fagan fronte aos gastos polo nacemento dun bebé; ou as preto de 100 casas niño que existen por toda Galicia e que permiten crear un recurso de conciliación en concellos sen escola infantil.

Deja un comentario