­
Tuesday 18 de March de 2025

A Xunta financia con 123.000€ o novo Punto de Atención á Infancia de Rois que abrirá as súas portas o vindeiro curso


Fabiola García puido comprobar o bo avance da actuación, que está xa practicamente rematada e que contará con 20 prazas gratuítas para nenos e nenas de 0 a 3 anos

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, anunciou esta mañá que as obras de construción do novo Punto de Atención á Infancia (PAI) de Rois están a piques de rematar e que este centro, que contará con 20 prazas, abrirá as súas portas o vindeiro curso 2025-2026. Este novo recurso é posible grazas a unha axuda de 123.000 euros concedida pola Xunta para rehabilitar a antiga Escola Unitaria de Urdilde.

Fabiola García, acompañada do alcalde, Ramón Tojo, visitou esta mañá a localización na que se empraza o PAI, que contará con 20 prazas gratuítas para nenos e nenas de 0 a 3 anos e que abrirá as súas portas o vindeiro curso. Alí salientou a recuperación desta instalación para a posta en marcha dun novo servizo de calidade, que axudará a compaxinar a vida laboral e familiar aos veciños deste municipio e que incrementará nun 50% a oferta da etapa educativa infantil.

Deja un comentario