
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, asistiu, esta tarde, na Fundación Barrié, á presentación oficial do cartel da Semana Santa da Coruña organizada pola Xunta de Confrarías da Semana Santa da Coruña, cun programa de procesións que pon de manifesto o atractivo da Semana Santa e a devoción dos coruñeses nunhas datas tan sinaladas. Belén do Campo manifestou a súa confianza en que “este ano todas as procesións poidan saír e a xente nas rúas poida participar e gozar de elas”, que comezaran o venres 13 de abril coa de Domingo de Ramos e rematarán o domingo de Resurrección o 20 de abril.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.