Monday 17 de March de 2025

Alumnos de Emerxncias en formación visitan o Centro de Coordinación Central Contra Iincendios Forestais


Un grupo de alumnos que se atopan cursando un certificado de profesionalidade no centro de formación de emerxencias Fuegoymar de Teo (A Coruña) visitaron esta semana o Centro de Coordinación Central de loita contra os incendios forestais, situado na sede da Dirección Xeral de Defensa do Monte en San Lázaro (Santiago de Compostela).

Dentro da súa formación práctica, os estudantes coñeceron de primeira man o labor que se desenvolve nestas instalacións, mediante as explicacións dos técnicos que traballan no centro, así como do propio director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez. Estas vistas forman parte da política de portas abertas impulsada pola Consellería do Medio Rural para que o alumnado en particular e a sociedade en xeral teña coñecemento do traballo de coordinación que se realiza neste centro.

Deja un comentario