
O conselleiro Román Rodríguez participa hoxe na inauguración do VIII Congreso Mundial de Educación e do XII Congreso da Federación de Ensino de CCOO de Galicia
O Goberno galego destaca o labor que realiza o profesorado nas aulas e que supón o piar fundamental do modelo de éxito do sistema educativo galego, avalado polos principais indicadores tanto no que se refire ás competencias académicas como a aspectos como a equidade, a inclusión e a convivencia.
Así o destacou hoxe o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, na inauguración do VIII Congreso Mundial de Educación que reúne na Coruña a expertos educativos procedentes de Galicia, doutras comunidades autónomas e do resto do mundo para debater sobre novas metodoloxías pedagóxicas e a súa aplicación na aula. O titular de Educación da Xunta tamén participa esta tarde en Guitiriz na apertura do XII Congreso da Federación de Ensino de CCOO de Galicia.
O responsable educativo do Goberno galego fixo fincapé na importancia de que os profesores se doten “dos máximos coñecementos e ferramentas” para estar en disposición de “ensinar aos alumnos nun contexto de novos desafíos demográficos, sociais, tecnolóxicos e laborais”. Neste senso, Román Rodríguez defende a necesidade de prestixiar a profesión docente cun acordo marco a nivel estatal sobre as competencias que debe adquirir un profesor para desenvolver o seu labor e que abranga desde a formación inicial na universidade ata a formación continua ao longo da vida.
Tamén se comprometeu, desde a Administración autonómica, a traballar de cara aos novos desafíos con iniciativas como a primeira Lei de educación dixital, unha normativa necesaria para adaptar o sistema educativo ás novas realidades dixitais e tecnolóxicas.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.