
• A xornada contou con concursos de disfraces e de doces típicos, inchables e a actuación de Paco Nogueiras.
• As persoas interesadas en inscribirse nos concursos poderán facelo o mesmo venres, de 17:00 a 18:30 h, no pavillón.
As Somozas volveu celebrar por todo o alto a gran festa de Entroido no pavillón municipal. A xornada, que tivo lugar o 28 de febreiro, contou con concursos de disfraces e de doces típicos, inchables e actuación de Paco Nogueiras co seu show ‘Brinca Vai!, de aquí a acolá’.
A programación deu comezo coa degustación dos doces típicos, acompañada dunha chocolatada que contou con cunha gran acollida por parte da veciñanza.
Ademais, decenas de veciños e veciñas animáronse a formar parte do concurso de doces típicos e de disfraces máis orixinais, que contou con tres categorías: individual, parellas e colectivo.
Tras a degustación de doces, o músico e actor Paco Nogueiras tomou o escenario co seu espectáculo “Brinca Vai! (de aquí a acolá)”, unha actuación baseada no libro-cd-dvd do mesmo nome, na que combinou cancións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos. Tamén, durante toda a xornada a rapazada asistente puido gozar de inchables no recinto deportivo.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.