
O Bloque demanda ás Administracións que poñan fin a estas prácticas abusivas contra patrimonio colectivo e que caia sobre as empresas responsábeis “todo o peso da lei”
Existen novas denuncias veciñais por estragos en camiños públicos provocados, presuntamente, por madeiristas. O deficiente estado no que fican os camiños florestais após seren utilizados polas empresas madeireiras para o traslado de troncos desta vez afectan a zona de Broño, na parroquia de Maianca, mais xa teñen afectado noutras recentes ocasións a Dexo, en pleno corazón do espazo natural protexido do Monumento Natural, ou tamén a Iñás. “Tristemente unha práctica xa demasiado habitual en Oleiros”, lamenta o BNG.
É vox populi a existencia de tallas sen ningún tipo de licenza que regulen o tipo de árbores que poden tallar, deteriorando e bloqueando camiños, ademais de causar elevados danos en zonas públicas e mesmo en fincas privadas.
Entre os requisitos imprescindíbeis para executar as tallas están os de encher un formulario onde se exixe indicar se a persoa interesada na talla é propietaria do monte ou un comprador, lugar de aproveitamento, cantidade de madeira, as especies afectadas e posíbeis afeízóns a servidumes de paso.
O BNG pide a Xunta e Concello que identifique os responsábeis e procedan de inmediato a depurar responsabilidades e impedir novos atentados contra o patrimonio colectivo e mesmo ou mesmo os terreos privados de terceiros.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.